O pasado 24 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 8 Xincanas pola Igualdade co alumnado de Educación Primaria e Secundaria do Colexio Jorge Juan de Xuvia, en Narón.
Trátase de xincanas con probas, xogos e entrementos adaptados a cada idade participante, que teñen como obxectivo principal a sensibilización en igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas. De feito as xincanas celebráronse con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Ademáis das xincanas as alumnas e alumnos de Educación Infantil participaron en diferentes sesións do contacontos "Non Máis Princesas" a cargo da narradora oral Manuela Varela. Isto é unha boa mostra do amplo abano de actividades que dende DINAMO organizamos no eido da igualdade de xénero e da prevención das violencias machistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario