Despois do descanso vacacional regresan á FNAC os obradoiros
para cativas e cativos. Mañá sábado 17 de setembro ás 18:00 a actividade que se
levara a cabo é o “Obradoiro de Goma-Eva”, no que cun material novidoso as e os
participantes poderán crear
minixoguetes, figuras, bonecos, adornos …
As actividades de dinamización para nenas e nenos da FNAC,
como esta mesma, son de carácter totalmente gratuito. Ademais nesta nova tempada as actividades
cambian de horario para facilitar a participación das máis pequenas e
pequenos da familia.
Parte das actividades de dinamización infantil da FNAC da
Coruña son dinamizados pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades
Socioculturais SL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario