O sábado 4 de setembro
o Grupo de Teatro Portaberta estreou no Auditorio Gabriel García Márquez
de Mera (Oleiros) o espectáculo teatral “Unha experiencia relixiosa”, co apoio
técnico de DINAMOteatro.
O espectáculo mesturou a partes iguais teatro e danza,
compoñendo un produto escénico moi valorado polo público asistente.
Nove actrices e actores foron dirixidos pola equipa escénica
de DINAMOteatro, nun espectáculo que analizou a presenza excesiva do mundo
eclesiástico na esfera pública, na política e nos medios de comunicación.
A actuación foi a primeira dun Ciclo de Teatro Xuvenil organizado polo Concello de Oleiros que se desenvolverá durante todo o mes de setembro.
A actuación foi a primeira dun Ciclo de Teatro Xuvenil organizado polo Concello de Oleiros que se desenvolverá durante todo o mes de setembro.
O Grupo de Teatro Portaberta xurde dunha actividade
continuada no Centro de Lecer co mesmo nome. As actrices e actores recibiron
formación en diferentes obradoiros de teatro, clown, expresión corporal, danza …
no centro e a posta en escea ven a culminar un proceso creativo de varios
meses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario