Dende o pasado mes de xuño a compañía DINAMOteatro levou os
seus espectáculos a máis de quince vilas galegas. Neste tempo de verán moitas galegas e galegos
participaron nas representacións da compañía.
Os espectáculos foron: os contacontos de Caxoto, os monólogos de Pedro
Brandariz e a peza de teatro para público familiar “A Familia do Pindirico”.
E hoxe martes remata a participación, por este ano, no Camiños da Cultura 2011. A cita será ás
17:00 no Concello de Carballedo, co espectáculo “Contos Vellos, Novos Finais”
de Caxoto Contacontos.
De todos xeitos, a contratación de todos os espectáculos de
DINAMOteatro segue aberta, dun xeito directo. Podedes chamar ó 647.488.688 ou
ben escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario