Este venres 16 de setembro comeza a fase principal do Programa para
Deixar de Fumar en Vilarmaior, organizado por DINAMO Xestión de Actividades
Socioculturais SL, e levado a cabo por
Dª María del Carmen Míguez, profesora da Facultade de Psicoloxía na
Universidade de Santiago.
Despois de realizar as charlas
introductorias e as avaliacións individuais este venres comezan as sesións de
traballo.
O tratamento para deixar de fumar
baséase no principio de que é posible abandonar o tabaca sen sufrir.
Nas seis sesións de traballo que
se levarán a cabo os venres ás 19:00 traballarán sobre a súa adicción, a
intelixencia emocional e co
escalonamento da rebaixa de nicotina. En palabras da responsable do tratamento
os tres eixos principais serán: físico,
psíquico e social.
Despois das seis sesións principais
as e os participantes terán que pasar por unha fase de seguemento para deixar
de fumar definitivamente.
Este tratamento xa se aplicou en
moitas ocasións con moi bós resultados, polo que é un novo produto que DINAMO
ofrece dentro do seu catálogo de actividades e servizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario