En poucos días chegará a gran festa do Entroido a todas as
vilas galegas e son moitas as entidades, concellos, asociacións … as que
organizan actividades lúdicas para celebrar a cita anual con Don Carnal.
DINAMO ofrece a estas entidades (municipais, asociativas,
veciñais …) un amplo catálogo de propostas festivas e lúdicas, dende as festas
infantís de Entroido, ata a organización de desfiles e concursos de disfraces,
pasando por espectáculos teatrais, obradoiros, actividades gastronómicas …
Para recoller todas estas propostas DINAMO pon a disposición
de todas as persoas e entidades interesadas un Catálogo de Actividades para o
Entroido 2012”. Se queres recibir o catálogo no teu correo electrónico podes
solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario