As pasadas noites do 23 e 30 de decembro a equipa de
animación de DINAMO organizou diferentes actividades para dinamizar a Pista de
Xeo Artificial dos Xardíns de Méndez Nuñez, sobre todo para a xente moza.
O día 23 organizouse unha adaptación dos “Xogos Olímpicos de
Inverno” no que as mozas e mozos tiveron que superar probas “olimpícas” ou
case, ademáis de música pinchada en directo, cocteles sen alcol, acceso libre á
pista …
E o día 30 as actividades ambientáronse nunha Festa Esquimal,
con xogos e entretementos adaptados, música en directo, photocall temático …
As actividades desenvolveronse por iniciativa do Concello da
Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario