Mostrando entradas con la etiqueta anpa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anpa. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de junio de 2019

DINAMO organizou a Festa de Fin de Curso da ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou una manchea de actividades para celebrar o remate do curso escolar no CEIP Sanjurjo de Carricarte, da man da súa Asociación de Nais e Pais.

Festa de animación musical con bailes, xogos e coreografías, festa da escuma, caravana de xogos populares... foron algunhas das actividades nas que as cativas e cativos poideron participar.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos lúdicos e de animación, aínda que sempre con carácter didáctico e pedagóxico.


domingo, 19 de febrero de 2017

DINAMO organizou unha Festa de Entroido na ANPA Bidueiro (Santa Cruz, Oleiros)

En DINAMO comezamos ben cedo o Entroido e o pasado sábado 18 de Febreiro organizamos una gran Festa Infantil de Entroido no CEIP Isidro Parga Pondal, da man da ANPA Bidueiro.

Xogos, bailes, coreografías, maquillaxe, globoflexia... foron algunhas das actividades nas que participaron unha gran cantidade de nenas e nenos.

Ademáis foi unha festa temática pois dende a ANPA quixeron facela ambientada na película Trolls, polo que as nosas monitoras/es foron caracterizados convintemente e as actividades tiveron ese fío conductor.

Esta festa é a primeira de moitas que imos realizar neste Entroido festeiro do 2017.

martes, 10 de julio de 2012

Contacontos e Globoflexia no Campamento Urbano da APA Valle Inclán de Perillo

Este martes, 10 de Xullo, as cativas e cativos que participan no Campamento Urbano da APA do CEIP Valle Inclán viviron unha maña diferente, cunha sesión de contacontos e un obradoiro de globoflexia.

Os contos foron narrados e enfiados polo gran contador "Caxoto Contacontos" e o obradoiro de globoflexia foi levado a cabo pola equipa profesional de DINAMO.

Nunha primeira quenda participaron as nenas e nenos de Educación Infantil e despois foi o turno das rapazas e rapaces do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Foron dúas actividades moi atractivas para a rapazada, sobre todo porque os globos tamén foron protagonistas da sesión de contos e historias.

A actividade foi organizada pola Asociación de Nais e Pais das Alumnas e Alumnos do CEIP Valle Inclán de Perillo, e levada a cabo por DINAMO.



jueves, 21 de junio de 2012

DINAMO organizou a Festa de Fin de Curso do CEIP San Marcos de Abegondo

Este mércores 20 de Xuño, as cativas e cativos do CEIP San Marcos de Abegondo disfrutaron dunha gran festa de fin de curso, organizada e dinamizada pola equipa profesional de DINAMO.


Foron 345 nenos e nenas que repartidos en pequenos grupos foron rotando por numerosas actividades: xogos populares, xogos con paracaídas, animación musical, globoflexia, pequenos obradoiros, contacontos …


Durante tres horas e media as rapazas e rapaces de 3 a 12 anos correron, bailaron, xogaron … pero sobre todo divertíronse.


Esta actividade foi promovida pola Asociación de Nais e Pais de Alumnas/os do CEIP San Marcos de Abegondo.


A equipa profesional de DINAMO está especializada nunha animación didáctica e que fomenta os valores educativos.


lunes, 19 de marzo de 2012

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para Períodos Vacacionais


Coa chegada dos períodos vacacionais, como por exemplo a Semana Santa, o verán … moitos concellos e outras entidades ofrecen ás súas veciñas e veciños recursos e actividades para que poidan conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.

Durante o curso escolar as nenas e nenos (e mozas e mozos) pasan moitas horas nos centros educativos e en outras actividades posibilitando que as nais e país poidan traballar, disponer de tempos persoais … pero coa chegada das vacacións esa rutina, esa combinación de horarios vense alteradas. Por iso moitas familias demandan actividades que sirvan para conciliar.

Dende DINAMO ofrecemos unha amplo catálogo de actividades e servizos, con propostas moi variadas: campamentos urbanos, ludotecas, mañáns lúdicas, tardes de xogos, obradoiros, excursións …

Se queredes recibir a Proposta de Actividades para Períodos Vacacionais podedes solicitala a través do correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 981.902.772.

En breves datas informaremos das actividades que DINAMO levará a cabo en diferentes concellos nesta Semana Santa.

viernes, 23 de diciembre de 2011

O Apalpador xa pasou por DINAMO e tamén visitou a moitas nenas e nenos galegos


Nesta semana previa á Noite Boa e ó día de Nadal o Apalpador xa visitou a moitas nenas e nenos galegos,e as educadoras e educadores de DINAMO foron testemuñas directas destas visitas.


A semana comezou o martes 20 na Escola Infantil Raiola de Compostela onde as pequenas e pequenos quedaron abraiadas/os coa presenza da figura máis representativa do Nadal galego.

No mércores 21 a cita foi dobre, pola mañá visitou o Colexio Andaina de Culleredo e á tarde estivo agasallando á nenas e nenos do Centro Cívico de Novo Mesoiro.


O venres 23 poidemos escoitar a súa grave voz polas ondas de Radio Estrada, e na noite do 24 chegará a todos os fogares galegos, para apalpar as barriguiñas das pícariñas e picariños e agasallalos con castañas e pequenos xoguetes.


Se estades interesadas e interesados en que o Apalpador visite o voso concello, escola, centro … podedes falar coa xente de DINAMO que seica ten comunicación directa co mesmiño Apalpador.



miércoles, 2 de noviembre de 2011

DINAMO animou o Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso


O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na propia vila.

Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país, e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros” onde as castañas foron as auténticas protagonistas.

A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a sogatira ...

E para rematar a festa animación musical e globlofexia.

Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación de Nais e Pais.

DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.