viernes, 23 de diciembre de 2011

O Apalpador xa pasou por DINAMO e tamén visitou a moitas nenas e nenos galegos


Nesta semana previa á Noite Boa e ó día de Nadal o Apalpador xa visitou a moitas nenas e nenos galegos,e as educadoras e educadores de DINAMO foron testemuñas directas destas visitas.


A semana comezou o martes 20 na Escola Infantil Raiola de Compostela onde as pequenas e pequenos quedaron abraiadas/os coa presenza da figura máis representativa do Nadal galego.

No mércores 21 a cita foi dobre, pola mañá visitou o Colexio Andaina de Culleredo e á tarde estivo agasallando á nenas e nenos do Centro Cívico de Novo Mesoiro.


O venres 23 poidemos escoitar a súa grave voz polas ondas de Radio Estrada, e na noite do 24 chegará a todos os fogares galegos, para apalpar as barriguiñas das pícariñas e picariños e agasallalos con castañas e pequenos xoguetes.


Se estades interesadas e interesados en que o Apalpador visite o voso concello, escola, centro … podedes falar coa xente de DINAMO que seica ten comunicación directa co mesmiño Apalpador.



1 comentario:

  1. Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

    Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk


    Boas festas!

    ResponderEliminar