Esta fin de semana a equipa profesional de DINAMO
participará en diferentes accións do Festival Ecolóxico Terractiva, que
xestiona a empresa Coperactiva Cultural e conta coa promoción do Concello de
Arzúa e a Deputación da Coruña.
Durante toda a fin de semana dúas monitoras/es de DINAMO
levarán a cabo as actividades da Eco-Ludoteca, na que participarán as máis
pequenas e pequenos. Obradoiros ecolóxicos, xogos ambientais, xincanas … serán
algunha das actividades que se desenvolverán durante o sábado 17 e domingo 18
de outubro.
Ademáis, o domingo 18, ás 17:30 Pedro Brandariz dinamizará
un Obradoiro de Consumo Responsable para todas as persoas interesadas.
O Festival Terractiva é unha cita ineludible nos meses de
outono na vila de Arzúa onde se poden descubrir unha manchea de entidades,
iniciativas e actividades vencelladas cun estilo de vida sostible e saudable.
Feira ecóloxica, teatro, música, actividades formativas, obradoiros, charlas,
roteiros, demostracións ... faise difícil
non atopar nada que non che interese.
Agardámoste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario