A pasada fin de semana (do 1 ó 3 de decembro) celebrouse no
Pazo da Cultura de Pontevedra a Feira das Indrustrias Culturais “Culturgal” na
que participou DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
Durante os tres días o stand de DINAMO foi dos máis
visitados da feira, polo seu atractivo deseño, polas chapas feitas en directo
que se agasallaron a todas as persoas visitantes e polo interese amosado nos
servizos e actividades de DINAMO.
Pero ademáis do stand a presenza de DINAMO fixose patente
cunha actividade dentro do programa oficial, a actuación de Caxoto Contacontos,
o domingo ás catro e media, na que participaron case un cento de cativas e
cativos e as súas correspondentes nais e país.
Desta maneira DINAMO amosou unha vez máis o seu compromiso
co cultura galega e os servizos que se ofrecen no eido da xestión cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario