Mostrando entradas con la etiqueta dinamo xestión de actividades socioculturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinamo xestión de actividades socioculturais. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de marzo de 2017

DINAMO organizou dúas Festas Infantís de Entroido en Cambre

O pasado luns 27 e martes 28 de febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou dúas macrofestas infantís de Entroido no Temple e en Cambre, respectivamente.

As festas tiveron como temática central "o circo" e as súas disciplinas, ambientando e decorando os dous pavillóns onde se realizaron ambas festas.

Un dos elementos centrais foi a animación musical con bailes e coreografías cos éxitos actuáis, pero tamén con cancións galegas de todos os tempos e que lle encantaron ás cativas e cativos. Durante tres horas as dinamizadoras/es non pararon nin un momento pois a afluencia de público infantil foi tanta que se ían renovando.

E por outra banda instalamos doce estacións de xogos circenses: circuitos de equilibrios, hulahops, probas de puntería, labirintos circenses...

As de O Temple e Cambre son das festas máis grandes que cada ano xestionamos dende DINAMO, cunha manchea de actividades para as cativas e cativos.

          

lunes, 12 de septiembre de 2016

DINAMO pecha un verán cheo de Campamentos

Este verán foi do máis activo para a equipa profesional de DINAMO, que durante os meses de xuño a setembro, desenvolveu un amplo programa de actividades campamentais, con diferentes entidades e de moi diversa índole.

Estes foron algúns dos principais campamentos levados a cabo por DINAMO:

  • Campamento Urbano de Muxía: dende o 15 de Xullo ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo Picasso (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo María Pita (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamentos Específicos para Persoas con Diversidade Funcional (R.X. Panxón): do 1 ao 10 de Xullo e do 1 ao 10 de Setembro.
  • Programa de Ocio Saudable do Concello da Coruña: Xullo e Agost
As actividades campamentais, tanto as de mañá como as de pernocta, son un dos piares de DINAMO, pois conta con equipas especializadas para este tipo de actividades.


miércoles, 28 de octubre de 2015

DINAMO organizou unha tarde de Xogos Populares para as Escolas Unitarias de Culleredo

O pasado sábado a equipa profesional de DINAMO, en colaboración con A Trastenda dos Contos, organizou unha tarde de Xogos Populares para as cativas/os e familias das Escolas Unitarias do Concello de Culleredo. 

As nenas e nenos e tamén as súas nais e pais participaron en numerosos xogos tradicionais, como a rá, o pescapeixes, os metediscos, os tiralatas, a corda, as torres de madeira, o pescabotellas, os aros, a ferradura...

A xornada foi xestionada pola Trastenda dos Contos con actividades durante todo o día, culminado as actividades coa Caravana de Xogos Populares de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL

Se queres que vaiamos cos Xogos Populares ao teu concello, entidade, asociación, colexio... chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 28 de agosto de 2013

Rematou o Obradoiro de Circo impartido por DINAMO no Centro Cívico de Novo Mesoiro


A semana pasada rematou o Obradoiro de Circo que a equipa profesional de DINAMO levou a cabo no Centro Cívico de Novo Mesoiro.

A actividades enmárcase dentros de dúas propostas que dende DINAMO propoñemos a concellos, centros sociais, colexios e outras entidades:

- Proposta de Actividades para a Mocidade
- Proposta de Actividades Escénicas e Circenses.

Se queredes recibir algunha destas propostas chama ó 647.488.688 ou escribe un correo a dinamo@dinamoxestion.com

Aquí vos deixamos algunha fotografía da actividade.









viernes, 23 de agosto de 2013

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades Extraescolares

Segundo vai rematando o mes de agosto, comezan a escoitarse a cantinela da "volta ao cole", e en DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais xa estamos totalmente preparados. 

Coñecedoras/es de que nestas datas son moitas as ANPAS, entidades municipais e centros educativos os que xa está a planificar as actividades extraescolares do vindeiro curso 2013-2014 damos a coñecer a nosa completa Proposta de Acticividades Extraescolares e Educativas.

As actividades que propoñemos van dende as máis lúdicas ata as máis didácticas, pasando polas artísticas, escénicas, deportivas... 

Todas as actividades poden levarse a cabo en calqueira punto xeográfico da Comunidade Autónoma Galega.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades podes solicitala no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 26 de junio de 2013

DINAMO participou na Xuntanza das Familias de Arteixo

O pasado venres 14 de xuño o Concello de Arteixo organizou a Xuntanza das Familias, no Centro Tecnolóxico de Arteixo. 

Nais, pais e cativas e cativos participaron nunha ampla programación de actividades para maiores e pequenas/os. Destas actividades, boa parte delas foron organizadas pola equipa profesional de DINAMO.

Algunnhas destas actividades foron as seguintes:

- Servizo de gardería  para as cativas e cativos.
- Hinchables para as cativas e cativos
- Obradoiro Formativo "A Educación Emocional nas Aulas"
- Actuación de Peter Punk
- ...

DINAMO ten unha gran experiencia na organización deste tipo de eventos, nos que nais/pais e cativas/s participan dunha maneira activa.





domingo, 2 de junio de 2013

DINAMO organizou un Obradoiro de Chapas no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis

O pasado 22 de maio, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Chapas no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.

As alumnas e alumnos do primeiro curso da ESO confeccionaron as súas propias chapas con modelos deseñados por elas mesmas/os e outros xa predeseñados. 

Ademais como esta actividade foi moi cercana no tempo co Día das Latras Galegas as mozas e mozos tamén levaron a súa chapa conmemorativa, unha chapa coa imaxe de Roberto Vidal Bolaño.

Esta é unha actividade que ten moito éxito entre a xuventude, como todas as que DINAMO propón dentro do seu catálogo de actividades para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta podes solicitala no 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 16 de enero de 2013

En DINAMO xa estamos preparando o Entroido

Como todos os anos por estas datas dende DINAMO presentamos a Proposta de Actividades para o Entroido, conformada por unha manchea de variadas actividades.

Dende animacións teatrais ata presentación, organización e dinamización de desfiles de disfraces, pasando polos obradoiros temáticos, festas de animación, actividades para a mocidade ...

Ofrecemos este amplo catálogo de actividades para as entidades municicipais, departamentos de cultura e mocidade, centros educativos, asociacións, colectivos ...

Ademáis cada ano dende DINAMO ambientamos todas as actividades nunha temática lúdica. En anos anteriores foron: o circo, o deporte, os piratas, os médicos ... E desta volta a temática será, a dos superheroes.

As persoas que estedes interesadas en recibir o catálogo-proposta podedes solicitalo no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

Nos seguintes días daremos conta de todas as actividades que levaremos a cabo por toda a xeografía galega.

DINAMO realiza todo tipo de actividades lúdicas entroncadas coa cultura e tradición galegas.




viernes, 28 de diciembre de 2012

DINAMO organiza o Espazo de Xogos Nadaleños no Centro Cívico Santa Lucía (A Coruña)

Todas as mañás do Nadal, salvo os días festivos, un grupo de 12 nenas e nenos participa nun espazo de xogos e actividades no Centro Cívico de Santa Lucía, organizado e xestionado pola equipa profesional de DINAMO.

Cada mañá durante tres horas as cativas e cativos participan en obradoiros manuais, actividades musicais,  xincanas, contacontos, e xogos, moitos xogos.

Esta é unha gran oportunidade para as nenas e nenos pois a diversión está garantiza, pero tamén é un servizo básico para as familias, pois desta maneira as nais ou pais poden ir traballar, ter tempo para facer as mercas de Nadal, ou simplemente descansar. En definitiva este programa ven a ser unha acción de conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais o vindeiro xoves 3 de xaneiro a rapazada recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente.


lunes, 24 de diciembre de 2012

DINAMO organizou unha gran Festa de Nadal en Moeche

O domingo 23 de Decembro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Nadal do Concello de Moeche.


A festa desenvolveuse no Pavillón Municipal, e dende as 16:30 foronse sucedendo un sinfín de actividades lúdicas para as máis cativas/os: hinchables, sesión de xogos nadaleños, visita de Papa Noel, entrega de agasallos, xogos populares, chocolatada ...

Pequenas/os e maiores pasaron unha tarde dun xeito moi divertido e diferente.

As festas de Nadal son unha das principais actividades que leva a cabo DINAMO nestas datas, xunto cos obradoiros, animacións teatrais ...




martes, 11 de diciembre de 2012

Comeza o Curso de Lingua de Signos en Culleredo cunha ampla demanda

Este luns, 10 de decembro, comezou en Culleredo o Curso de Lingua de Signos, organizado polo concello cullerdense, a través da Concellería de Educación.
 
O curso tuvo moi boa resposta entre as veciñas e veciños, xa que houbo máis de 70 solicitudes para tan só 20 prazas. Afortunadamente a sociedade vaise concienciando da necesidade de establecer pontes de comunicación coa comunidade xorda.
 
Imparten este curso dúas especialistas e intérpretes en lingua de signos que forman parte da equipa profesional de DINAMO.
 
Dende DINAMO ofrecemos variedade de cursos e accións formativas no eido da Lingua de Signos. Se queres máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 3 de diciembre de 2012

Tres días de intensa actividade de DINAMO na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL

Nesta pasada fin de semana DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais participou na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra.
 
A equipa de DINAMO contou cun stand informativo no que se realizaron numerosas actividades e se ofreceu información de todos os produtos e servizos que se prestan dende a empresa, sobre todo os ligados co sector cultural.
 
Un deses produtos teatrais é "Radio Torreiro" (montaxe teatral da compañía DINAMOteatro) que representou a modo de showcase un pequeno extracto do espectáculo no espazo "O Patio".
 
No eido máis infantil podemos salientar a Visita do Apalpador da man de DINAMO, así como os obradoiros de chapas, globoflexia ...
 
A experiencia do Culturgal (da que DINAMO é o terceiro ano que participa) sirve de nexo de unión de contactos, proxectos, reencontros, experiencias ... en definitiva: ilusións.




 

martes, 20 de noviembre de 2012

DINAMO imparte un Curso de Lingua de Signos no Concello de Culleredo

Dende o vindeiro día 10 ata o 21 de decembro a equipa profesional de DINAMO impartirá un Curso de Lingua de Signos, de nivel básico. 
  
Neste curso, a través de dinámicas e exercicios específicos apréndense os rudimentos básicos para establecer unha comunicación na lingua de signos, que moitas persoas utilizan, especialmente a comunidade xorda.
 Da mesma maneira que na aprendizaxe dun idioma nova neste curso vaise dar información funcional para poder manter un conversa: alfabeto dactilológico, léxico, principais mensaxes ...

As docentes do curso teñen unha dilatada experiencia no eido da Comunicación en Lingua de Signos, con formación como intérpretes.

O curso é gratuito e desenvolverase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 10 ao 21 de decembro de 2012, entre as 19:30 e as 21:30 horas. Está organizado polo Concello de Culleredo, dende a Concellaría de Educación.

A inscrición farase dende o luns 19 de novembro ata cubrir as prazas, en horario de 9:00 a 14:00 horas no Servizo Municipal de Educación, na rúa Andrés Pan Vieiro, 30, planta -1, no edificio do Conservatorio, ou no teléfono 981 661 208.

DINAMO ten amplo catálogo de cursos e accións formativas dentro do eido sociocultural. Se queres coñecelos podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com