Dende o vindeiro día 10 ata o 21 de decembro a equipa profesional de DINAMO impartirá un Curso de Lingua de Signos, de nivel básico.
Neste curso, a través de dinámicas e exercicios específicos apréndense os rudimentos básicos para establecer unha comunicación na lingua de signos, que moitas persoas utilizan, especialmente a comunidade xorda.
Da mesma maneira que na aprendizaxe dun idioma nova neste curso vaise dar información funcional para poder manter un conversa: alfabeto dactilológico, léxico, principais mensaxes ...As docentes do curso teñen unha dilatada experiencia no eido da Comunicación en Lingua de Signos, con formación como intérpretes.
O curso é gratuito e desenvolverase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 10 ao 21 de decembro de 2012, entre as 19:30 e as 21:30 horas. Está organizado polo Concello de Culleredo, dende a Concellaría de Educación.
A inscrición farase dende o luns 19 de novembro ata cubrir as prazas, en horario de 9:00 a 14:00 horas no Servizo Municipal de Educación, na rúa Andrés Pan Vieiro, 30, planta -1, no edificio do Conservatorio, ou no teléfono 981 661 208.
DINAMO ten amplo catálogo de cursos e accións formativas dentro do eido sociocultural. Se queres coñecelos podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario