Máis dun cento de rapazas e rapaces participaron nas sesións de traballo nas que se abordaron os estereotipos e os roles machistas, co obxectivo de erradicalos no menor tempo posible, e acadar así a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Participaron catro grupos de Educación Primaria do CEIP San Marcos (5º e 6º de Educación Primaria) e dous grupos de 2º da ESO do IES de Viós. Cada grupo-aula participou en tres sesións de traballo coa equipa profesional de DINAMO, especializada en temas de igualdade de xénero e prevención da violencia machista.
O programa pechouse o pasado venres 23 de novembro cun acto institucional na casa consistorial, onde as alumnas e alumnos amosaron os traballos realizados, concretado nun video-resumo que se editou dende DINAMO. O acto contou coa presenza do Alcalde de Abegondo (José Antonio Santiso Miramontes) e a concelleira de Servizos Sociais, dinamizado polo actor Pedro Brandariz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario