O pasado domingo 4 de Novembro celebrouse no Mercado Municipal de Perillo (Oleiros) a XXIII edición da Feira do Mel, unha cita ineludible no outono oleirense. Dentro das actividades complementarias a equipa profesional de DINAMO encargouse da animación das máis cativas e cativos.
A través de grandes xogos, xincanas e obradoiros as nenas e nenos pasaron unha tarde moi divertida aprendendo un feixe de cousas sobre o mel, as abellas e a apicultura. Namentras as súas nais e pais poideron visitar tranquilamente todos os stands da feira, así como facer as mercas oportunas.
A Feira do Mel está organizada polo Concello de Oleiros e conta coa participación de boa parte das apicultoras/es de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario