Mostrando entradas con la etiqueta máscaras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta máscaras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de febrero de 2019

DINAMO organiza Obradoiros de Máscaras nas Bibliotecas de Oleiros

Durante este mes de febreiro a equipa profesional de DINAMO está levando a cabo una serie de Obradoiros de Máscaras de Entroido nas Bibliotecas do Concello de Oleiros.

As actividades pensadas para as máis cativas e cativos amosan as figuras máis senlleiras do Entroido Galego para despois pasar á acción e confeccionar máscaras de peliqueiros, cigarróns, pantallas...

Trátase dunha actividade cunha longa traxectoria nas bibliotecas de Oleiros e que dende sempre tivo una gran resposta por parte das cativas/os e das súas familias. 



viernes, 17 de febrero de 2017

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Máscaras de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

Dende a vindeira semana e durante toda a tempada de Entroido a equipa de DINAMO levará a cabo un programa de obradoiros de máscaras de Entroido en todas as bibliotecas do Concello de Oleiros.

Neste obradoiro as nenas e nenos farán as súas creacións sobre o lenzo en branco que serán as máscaras. Tamén aproveitaremos para dar a colecer as figuras e máscaras de Entroido máis coñecidas en Galicia: cigarróns, peliqueiros, pantallas...




domingo, 14 de febrero de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Máscaras do Mundo na Rede de Bibliotecas de Oleiros

Durante este mes de febrero a equipa educativa de DINAMO organizou oito Obradoiros de Máscaras do Mundo nas oito bibliotecas do Concello de Oleiros.

Nestes obradoiros as nenas e nenos, ademáis de confeccionar e aprender as máscaras e figuras do Entroido galego, como os peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos... tamén poideron realizar máscaras de outras culturas, como a veneciana, a mexicana, a africana, a oriental...

Ao mesmo tempo que realizan unha actividade divertida as cativas e cativos aprenden as orixes e costumes do Entroido, o que axudará no futuro, a súa transmisión e conservación.

Dende DINAMO realizamos unha manchea de actividades no Entroido, das que iremos dando conta nas seguintes entradas.

 

 


miércoles, 6 de febrero de 2013

DINAMO leva o Entroido ás Bibliotecas de Oleiros

Toda esta semana as monitoras/es de DINAMO están nas Bibliotecas do Concello de Oleiros dinamizando Obradoiros de "Máscaras e Antifaces", para cativas e cativos de 5 a 12 anos.

Durante noventa minutos en cada biblioteca as nenas/os que participen poderán descubrir as raíces do Entroido, e sobre todo realizar as súas propias caretas e antifaces. Os deseños van dende os peliqueiros e cigarróns de Laza e Verín, ata creacións propias, pasando polos clásicos modelos de animais: raposos, galiñas, vacas, porquiños ...

As actividades desenvolvense en horario de 18:30 a 20:00 e levanse a cabo dende o martes 5 ata o venres 8, coa seguinte distribución:
Martes 5: Bibliotecas de Dorneda e Montrove
Mércores 6: Bibliotecas de Lorbé e Santa Cruz
Mércores 7: Bibliotecas de Perillo (Rialeda) e Oleiros
Xoves 8: Bibliotecas de Nós e Mera



miércoles, 16 de enero de 2013

En DINAMO xa estamos preparando o Entroido

Como todos os anos por estas datas dende DINAMO presentamos a Proposta de Actividades para o Entroido, conformada por unha manchea de variadas actividades.

Dende animacións teatrais ata presentación, organización e dinamización de desfiles de disfraces, pasando polos obradoiros temáticos, festas de animación, actividades para a mocidade ...

Ofrecemos este amplo catálogo de actividades para as entidades municicipais, departamentos de cultura e mocidade, centros educativos, asociacións, colectivos ...

Ademáis cada ano dende DINAMO ambientamos todas as actividades nunha temática lúdica. En anos anteriores foron: o circo, o deporte, os piratas, os médicos ... E desta volta a temática será, a dos superheroes.

As persoas que estedes interesadas en recibir o catálogo-proposta podedes solicitalo no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

Nos seguintes días daremos conta de todas as actividades que levaremos a cabo por toda a xeografía galega.

DINAMO realiza todo tipo de actividades lúdicas entroncadas coa cultura e tradición galegas.




lunes, 6 de febrero de 2012

DINAMO organiza os Obradoiros de Máscaras nas Bibliotecas de Oleiros

A partir do mércores 8 de Febreiro a equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais levará a cabo nas 8 Bibliotecas de Oleiros os “Obradoiros de Máscaras e Antefaces” nos que poderán participar cativas e cativos dos sete anos en diante.

Participando nesta actividade as pequenas e pequenos coñecerán as principais personaxes do Entroido Galego: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, xenerais, choqueiros ,,, así como as tradicións asociadas á gran festa de Don Carnal.

Evidentemente daranse a coñecer os libros que en cada biblioteca recollen información sobre o Entroido, polo que ademáis de conservar a etnografía galega tamén se potencia a animación á lectura.

Todos os obradoiros serán as 18:30, e celebraranse en diferentes xornadas:

Mércores 8: Lorbé 
Xoves 9: Dorneda 
Luns 13: Oleiros 
Martes 14: Montrove
Mércores 15: Santa Cruz 
Xoves 16: Rialeda 
Venres 17: Mera -- Venres 17: Nós