A partir do mércores 8 de Febreiro a equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais levará a cabo nas 8 Bibliotecas de Oleiros os “Obradoiros de Máscaras e Antefaces” nos que poderán participar cativas e cativos dos sete anos en diante.
Participando nesta actividade as pequenas e pequenos coñecerán as principais personaxes do Entroido Galego: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, xenerais, choqueiros ,,, así como as tradicións asociadas á gran festa de Don Carnal.
Evidentemente daranse a coñecer os libros que en cada biblioteca recollen información sobre o Entroido, polo que ademáis de conservar a etnografía galega tamén se potencia a animación á lectura.
Todos os obradoiros serán as 18:30, e celebraranse en diferentes xornadas:
Mércores 8: Lorbé
Xoves 9: Dorneda
Luns 13: Oleiros
Martes 14: Montrove
Mércores 15: Santa Cruz
Xoves 16: Rialeda
Venres 17: Mera -- Venres 17: Nós
No hay comentarios:
Publicar un comentario