Dende o pasado mes de xaneiro as alumnas
e alumnos de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino secundario de Oleiros
participan no Programa Educativo “Comida e Saúde”.
Trátase de actividades en torno a un dos
piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector
de poboación tan importante como a mocidade.
O obxectivo primordial é o de promover
hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do
benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de
mercado.
Dinámicas de grupo, traballo en equipo,
xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais …
son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas
mozas e mozos.
Este ano o programa dividese en dous
bloques temáticos:
-
Vida saudable: para as alumnas e alumnos
de 1ºESO.
-
Alimentación e Deporte: para as alumnas
e alumnos de 2ºESO
“Comida e Saúde” é tan só un dos
múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais
SL desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste
blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario