A iniciativa xurde da Concellería de Emprego e Empresa do
Concello da Coruña e dos comerciantes da rúa Real que pretenden potenciar deste
xeito o pequeño comercio nestas datas.
O concurso celebrarase as tardes do sábado 11 e o martes 14
de Febreiro, nun local da Rúa Real (nº18) cedido para esta campaña.
Dende DINAMO encargámonos tanto da ambientación e decoración
do espazo, como da dinamización do evento.
No concurso hai varias categorías e sobre todo numerosos
premios. Así que … probade sorte … aínda que sexa para apoiar ó pequeno comercio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario