Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais
organizamos unha manchea de actividades de Entroido por toda a xeografía
galega, dende hoxe mesmo ata ben entrado o Entroido pequeno dentro de dúas
semanas.
Todas as actividades de DINAMO, igual que en anteriores
edicións, teñen carácter temático. E neste 2012 as actividades, as monitoras e
monitores irán ambientados na temática de “Os Deportes”. Así que se vedes a un
grupo de “deportistas” un tanto estrafalarias/os, non o dúbides : son as
xentiñas de DINAMO.
A continuación detallamos boa parte das actividades das que
organiza, xestiona e desenvolve DINAMO:
Xoves 16. Festa Infantil no Centro Cívico Municipal de
Monelos. A Coruña
Venres 17. Actividades de Entroido (monólogo + maquillaxe +
cociña) no IES Pedregal de Irimia (Meira).
Venres 17. Contacontos de Entroido no CRA. de Oroso, a cargo
de Caxoto Contacontos.
Venres 17. Festa Infantil no CEIP. Isidro Parga Pondal
(Santa Cruz. Oleiros).
Domingo 19. Festa Infantil na Casa da Cultura de Bóveda.
Domingo 19. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Carballedo.
Luns 20. Festa Infantil no Centro Cívico Municipal do
Castrillón. A Coruña.
Martes 21. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Moeche
Martes 21. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Cambre
Martes 21. Presentación do Entroido de Cabana de
Bergantiños, a cargo de Pedro Brandariz
Son só algunhas das actividades que organiza DINAMO para
celebrar o Entroido por toda a xeografía galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario