Neste mes de decembro o Apalpador de DINAMO percorrerá todas as parroquias do Concello de Cambre cun espectáculo teatral no que, xunto con Xía a Trasna do Monte, contan as súas aventuras para chegar a todas as casas de Galicia onde hai cativas e cativos para apalpar as súas barriguiñas e deixarlle algún xoguetiño feito de madeira.
Despois da peza teatral as cativas e cativos realizan un obradoiro no que confeccionan un monicreque do Apalpador.
Este programa xa se desenvolveu o ano pasado con gran éxito de participación. No 2015 a actividade central era un contacontos, mentres que desta volta é un espectáculo teatral.
Os datos de participación deste ano están sendo moito maiores e as cativas e cativos amosan un coñecemento da figura do Apalpador moito maior que en anos anteriores.
Cada ano son máis os concellos e entidades que promocionan ó Apalpador e as tradicións asociadas a esta figura tan senlleira da cultura galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario