Mostrando entradas con la etiqueta actividades igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades igualdade. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de enero de 2022

DINAMO organizou Xincanas de Igualdade nos centros educativos de Fisterra

Os pasados 22 e 23 de Novembro a eauipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Xincanas pola Igualdade nos centro de ensino primario do Concello de Fisterra.

Durante as dúas xornadas as educadoras/es percorreron as diferentes aulas do CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta e do Colexio Nosa Señora do Carme, realizando divertidas xincanas para sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia machista.

Estas actividades enmárcanse dentro da programación municipal para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, e conta coa axuda do Pacto do Estado para tal obxectivo.

As xincanas consisten en diferentes probas, xogos e entrementos temáticos e que consiguen poñer a perspectiva de xénero no foco da sesión.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero e prevención das violencias machistas, dende xincanas ata espectáculos teatrais, pasando por obradoiros, charlas...

viernes, 16 de abril de 2021

DINAMO organizou un Ciclo de Contacontos en Igualdade en Fisterra

No pasado mes de marzo o Concello de Fisterra organizou un ciclo de contacontos nos centros de ensino do concello, levando diferentes espectáculos a prol da igualdade, a cargo de Pedro Brandariz.

Os espectáculos escollidos foron "Non Máis Princesas" e Heroes e Heroas", ambos cunha fonda perspectiva de xénero, con historias lúdicas e moi divertidas, encamiñadas á sensibilización na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

O 17 de marzo foron catro pases no Colexio Nosa Señora do Carme, e o 18 de marzo foi o turno do CEIP Mar de Fora e o CEIP Areouta con tres pases en cada centro.

O número de pases foi tan elevado debido a que se realizou unha sesión por cada grupo-aula, para cumprir os protocolos de hixiene e seguridade esixidos pola actual crise da COVID19.



miércoles, 14 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Curros Enríquez de Ourense

 O pasado 9 de marzo a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha serie de xincanas temáticas en igualdade de xénero con diferentes grupos do CEIP Curros Enríquez de Ourense.

As xincanas, adaptadas totalmente ás circunstancias COVID19, compóñense de diferentes probas lúdicas e didácticas sobre a perspectiva de xénero. A partir de xogos e dinámicas trabállase os roles de xénero, os estereotipos, as discriminacións... pero sobre todo unha perspectiva positiva, promovendo relacións afectivas sanas e positivas, a prevención de todo tipo de violencias machistas...

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividades didácticas en moi diferentes formatos: xincanas, obradoiros, sesións temáticas, contacontos...



sábado, 21 de diciembre de 2019

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Virxe do Carme de Sober

O pasado 25 de novembro s equipa profesional de DINAMO organizou una Xincana pola Igualdade no CEIP Virxe do Carme en Sober.

As alumnas e alumnos tiveron que superar una serie de probas temáticas en torno á eliminación de estereotipos machistas, detección de roles sexistas, prevención da violencia de xénero… 

Trátase de probas lúdicas e ó mesmo tempo didácticas que axudan á sensibilización en relacións de igualdade, baseadas no respecto e na promoción de actitudes igualitarias.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero, dende xincanas lúdicas, obradoiros, charlas formativas, contacontos, proxeccións...