Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxes. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de noviembre de 2018

DINAMO organizou un Obradoiro de Curtas en Oleiros

No pasado mes de xullo a equipa de DINAMO, en colaboración co produtora coruñesa Porco Bravú organizou un Obradoiro de Curtametraxes para a mocidade do Concello de Oleiros.

Durante varias xornadas as e os participantes achegáronse de maneira totalmente práctica á creación audiovisual, dende a creación do guión, pasando pola planificación da grabación, a rodaxe, a edición e montaxe…

Para acompañar este proceso no curso "creouse" unha curtametraxe dende cero, dende a idea inicial e ata a proxección final.

Este tipo de formación ten unha gran resposta de participación pois hoxe en día, grazas á evolución e democratización dos medios técnicos, faise cada vez máis sinxela a creación audiovisual, sempre contando cunhas directrices como as que se dan neste tipo de cursos, obradoiros e acción formativas.


miércoles, 26 de abril de 2017

DINAMO impartirá un Obradoiro de Curtas para mozas/os en Oleiros

No vindeiro mes de xullo a equipa profesional de DINAMO levará a cabo no Centro Cultural A Fábrica un Obradoiro de Curtametraxes para mozas e mozos.

Neste obradoiro as e os participantes aprenderán o básico sobre a linguaxe audiovisual para pasar á acción creando os seus propios guións literarios e técnicos como parte previa da fase de grabación dunha curta entre todas/os.

Elas e eles serán guionistas, directoras/es, produtoras/es, atrezzistas, scripts e incluso actrices e actores.

Do 28 de abril  ao 5 de maio estará aberto o prazo de preinscrición. Poderá realizarse na páxina www.oleiros.org, na carpeta cidadá -non é necesario estar rexistrado-, ou na conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.



lunes, 12 de diciembre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Forum Metropolitano

O pasado venres 2 de Decembro, a equipa artística de DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Fórum Metropolitano.

O obradoiro, cunha duración de dúas horas, serviu para abordar as claves prácticas da escrita de guión cinematográfico, dende o punto de vista das curtametraxes.

As e os participantes no obradoiro poideron desenvolver algunhas das súas ideas, dende as etapas máis incipientes ata á estruturación, personaxes, escaletado, diálogos, desgloses...

Esta actividade enmarcouse dentro do Programa Nocturnia de Ocio Alternativo para a Mocidade, organizado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática.


jueves, 24 de noviembre de 2011

DINAMO organiza o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre

Este xoves, ás 20:00 no Centro Sociocultural do Graxal, o Concello de Cambre leva a cabo o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero cun programa de accións multidisplinares.
Neste acto, co que o concello cambrés adiantase ó 25 de Novembro (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), as persoas que asistan poderán visionar as curtametraxes guionizadas polas alumnas e alumnos dos IES de Cambre, unha pequena peza teatral sobre o tema da violencia machista, un concerto do músico local Hugo Torreiro e moitas cousas máis.
Desta maneira pechase a campaña municipal de sensibilización que ten por lema “Canto me quere! Canto me quere? Na Violencia de Xénero, un signo basta.  Esta campaña levouse a cabo con diferentes accións:
-          Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre: actividades educativas e de sensibilización
-          Edición de carteis, folletos, chapas, bolsas co lema e imaxe da campaña.
-          Actuacións teatrais temáticas
-          E o propio acto que se celebra o día 24 de Novembro.