Neste obradoiro as e os participantes aprenderán o básico sobre a linguaxe audiovisual para pasar á acción creando os seus propios guións literarios e técnicos como parte previa da fase de grabación dunha curta entre todas/os.
Elas e eles serán guionistas, directoras/es, produtoras/es, atrezzistas, scripts e incluso actrices e actores.
Do 28 de abril ao 5 de maio estará aberto o prazo de preinscrición. Poderá realizarse na páxina www.oleiros.org, na carpeta cidadá -non é necesario estar rexistrado-, ou na conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario