A equipa profesional está a desenvolver durante os meses de marzo e abril Obradoiros de Risoterapia en catro parroquias arteixás, concretamente en: A Baiuca, Meicende, Larín e Froxel.
Durante seis semanas as veciñas e vecinos participan en diversas dinámicas, xogos e exercicios específicos de risoterapia, para que ,a través dos beneficios da risa, poidan acadar melloras na súa sáude física, mental e social.
A risa, sexa natural ou inducida coas técnicas de traballo que se ensinan nestes obradoiros, supón grandes melloras para todas e cada unha das función e órganos vitais, contribuindo de maneira significativa á unha mellora da calidade de vida.
A actividade organizada polos Servizos Sociais de Arteixo conta con moi boa resposta e participación das veciñas e vecinos.
Os obradoiros de risoterapia son unha das actividades que máis nos demandan á equipa de DINAMO para traballar con grupos de específicos de maiores, de mulleres e poboación en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario