Mostrando entradas con la etiqueta ceip san ramón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ceip san ramón. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de noviembre de 2011

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moeche

Este xoves, 24 de Novembro, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha “xincana pola igualdade de xénero” no CEIP San Ramón de Moeche, por iniciativa do propio concello.
As alumnas e alumnos tiveron unha mañá atípica, pero por unha boa causa, para amosar a súa repulsa a calquera tipo de violencia e discrimación contra as mulleres.
A xincana contiña unha gran cantidade de probas, dinámicas, xogos, preguntas … todas vencelladas co eido da corresponsabilidade no fogar, coa eliminación de estereotipos e roles sexistas, e sobre todo coa detección e prevención da violencia de xénero.
As “xincanas pola igualdade” é unha actividade que DINAMO realiza en moitos centros educativos ó longo de todo o ano, pois permite concienciar e sensibilizar ás cativas e cativos dunha maneira lúdica e sobre todo didáctica.