Na época de outono una das actividades que máis organizamos dende DINAMO son os magostos e actividades vencelladas co Samaín e o Outono, encargándonos dende a empresa tanto da loxística do asdao e entrega das castañas así como das actividades lúdicas.
Mostrando entradas con la etiqueta corme. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corme. Mostrar todas las entradas
lunes, 31 de diciembre de 2018
DINAMO organizou un Magosto Popular en Corme
O pasado 17 de novembro (despois do aprazamento do día 10) a equipa profesional de DINAMO organizou un Magosto Popular na vila de Corme, con castañas para todas as veciñas/os e xogos populares mara as máis cativas e cativos,
Na época de outono una das actividades que máis organizamos dende DINAMO son os magostos e actividades vencelladas co Samaín e o Outono, encargándonos dende a empresa tanto da loxística do asdao e entrega das castañas así como das actividades lúdicas.
Na época de outono una das actividades que máis organizamos dende DINAMO son os magostos e actividades vencelladas co Samaín e o Outono, encargándonos dende a empresa tanto da loxística do asdao e entrega das castañas así como das actividades lúdicas.
DINAMO leva a cabo Obradoiros de Cociña como actividade extraescolar en Ponteceso
Durante o curso escolar a equipa profesional de DINAMO leva a cabo actividades de cociña para nenas e nenos con tres grupos de idade diferenciados nos núcleos urbanos da Ponte e Corme.
Seguindo una metodoloxía lúdica e participativa as cativas e cativos aprenden a manipular os alimentos, a menaxe e os utensilios e electrodomésticos da cociña, elaborando receitas cada vez máis complexas, e sempre co criterio dunha nutrición saudable.
As actividades de cociña son moi demandadas e dende DINAMO encargámonos de todo, dende a monitoraxe da actividade ata as materias primas, pasando polos utensilios e electrodomésticos, gorros e mandís…

domingo, 15 de marzo de 2015
DINAMO xestiona os Obradoiros de Teatro Infantil en Ponteceso
A equipa profesional de DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.
As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.
Todos os luns de 18:30 a 19:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:45 a 20:45 o turno é para as nenas e nenos de Corme.
Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.
Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.
domingo, 29 de diciembre de 2013
DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso
A equipa profesional de DINAMO xestiona, dende o pasado mes de outubro, e ata maio de 2014 a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.
As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.
Todos os luns de 17:30 a 18:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:40 a 20:40 o turno é para as nenas e nenos de Corme.
Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.
Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.
De feito o pasado 21 de decembro representáonse os dous primeiros espectáculos "O mellor do Nadal" e a "A foto de Nadal" no Espazo de Servizos Múltiples do Concello de Ponteceso.
No 2014 prepararanse outros dous espectáculos para representar a final de curso.
viernes, 4 de noviembre de 2011
DINAMO organiza o Magosto de Corme
Na tarde do 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO
organiza o magosto popular de Corme. Como en edicións anteriores a partir das
19:00 as veciñas e veciños poderán participar nas diferentes actividades
organizadas dentro do magosto.
Ademáis de comer as castañas asadas haberá música
tradicional en directo, así como xogos populares para as máis cativas e
cativos.
O magosto celebrarase no porto de Corme, concretamente na
lonxa (debido ás inclemencias do tempo).
O magosto de Corme goza dunha gran tradición, e todos os
anos por estas datas as veciñas e veciños teñen unha cita ineludible coas
castañas.
As actividades están organizadas polo Concello de Ponteceso e
xestionadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.
Etiquetas:
actividades,
animación,
castañas,
corme,
cultura,
dinamo,
magosto,
música tradicional,
ponteceso,
sociocultural,
tradición,
xogos populares
Suscribirse a:
Entradas (Atom)