O pasado mércores rematou o Obradoiro de Luces e Son que se desenvolveu durante tres meses na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste obradoiro dirixido a mozas e mozos traballouse dende un punto de vista escénico e teatral. As e os participantes descubriron as técnicas básicas de iluminación e son, dunha maneira lúdica, amena e divertida.
As clases foron impartidas pola equipa escénica de DINAMO, concretamente por un dos seus técnicos especialistas en son e iluminación. A metodoloxía foi totalmente práctica e ademáis as alumnas e alumnos traballaron con todos os materiais precisos para una boa aprendizaxe.
Esta acción forma parte dun amplo programa formativo que ten como obxectivo a formación escénica integral das mozas e mozos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario