Durante os pasados meses CAXOTOcontacontos, membro de DINAMOteatro participou nas sesións de contacontos englobadas en “A hora do conto”, programa de animación á lectura que desenvolve BibliOleiros, ou o que é o mesmo, o sistema de bibliotecas do Concello de Oleiros.
O narrador oral Caxoto percorreu as bibliotecas do concello oleirense, igual que outros contacontos de recoñido prestixio: Paula Carballeira, Soledad Felloza, Pablissimo, Fran Ínsua, Compañía do Trinke-Trinke …
Nas sesións de contacontos Caxoto vai debullando pequenas e grandes historias, clásicas e contemporáneas, de autoras e autores de toda a vida e contiños de creación propia.
Para consultar o calendario de actuacións podedes entrar na páxina www.oleiros.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario