“O clan de Mc Mesoiro” é un programa de fomento da participación infantil no barrio de coruñés de Mesoiro. Ven sendo una xinkana de probas temáticas para que as nenas e nenos reflexionen sobre as habilidades básicas para a participación cidadá, o sentimento de pertenza a un grupo, o respecto das normas e regras e o carácter enriquecedor da pluralidade no nosa contorna.
O programa de actividades desenvolverase no Centro Cívico e Social de Mesoiro o vindeiro día 30 de Abril, de 17:30 a 20:30.
Poderán participar todas aquelas nenas e nenos maiores de cinco anos que estén interesadas/os en pasar unha tarde divertida e aprender que é iso da participación, para que sirve? ...
Todas as propostas están ambientadas na cultura escocesa. Algunhas das actividades coas que desfrutará a rapazada serán:
- Confección de disfraces e maquillaxe.
- Rocódromo
- Xogos cooperativos con paracaídas
- Inchables
- Enredos
- Animación musical
- Probas temáticas
Aquelas pequenas e pequenos que estean interesadas/os deben inscribirse no Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro ou no Centro de Participación Cidadá do Birloque (981.189.869).
As actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade e Participación Cidadá e xestionadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL
No hay comentarios:
Publicar un comentario