viernes, 1 de abril de 2011

DINAMO achégase ó ACHEGARTE da Coruña

Os vindeiros sábado 2 e domingo 3 de Abril celébrase no PALEXCO da Coruña o gran escaparate da creación cultural galega, o Achegarte, onde unha manchea de creadoras/es amosarán o seu traballo.

Artes escénicas, música, libros, audiovisual, artes plásticas, novas tecnoloxías, animación …. son algúns dos sectores representados no amplo catálogo de propostas  do que o público xeral poderá participar: concertos, representacións teatrais, obradoiros, presentación de libros, proxeccións, mesas redondas, recitais, …

E DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais contará un espazo propio dentro de Achegarte. Un stand onde amosaremos o noso traballo no eido da cultura, pero tamén en outros tan importantes como o social, o educativo, o ambiental, o solidario, o do ocio e o lecer ….

Ademais faremos especial fincapé en dar a coñecer a compañía escénica DINAMOteatro que nace ao abeiro do equipo multidisciplinar que conformamos DINAMO. As e os visitantes poderán coñecer todos os espectáculos que ofrecemos para todo tipo de públicos. Infantil, xuvenil, persoas adultas, …

Pero o espazo de DINAMO no Achegarte será un espazo vivo e moi dinámico no que durante as dúas xornadas (sábado e domingo) haberá actividades de forma continuada: obradoiros, contacontos, animacións, …

Os minicontacontos que serán unha das “propostas estrela” correrán a cargo de Caxoto Contacontos (sábado) e Pedro Brandariz (domingo)

En definitiva con este espazo no ACHEGARTE tentaremos achegar ás e ós visitantes o amplo abano de propostas, iniciativas e servizos que ofrecemos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario