martes, 29 de marzo de 2011

DINAMOteatro representa “Unha tarde con Andrea” nos CEIPs do Concello de Cambre

A compañía escénica DINAMOteatro representa os días 29, 30 e 31 de marzo o espectáculo “Unha tarde con Andrea. Lembranzas de Igualdade” nos centros de Educación Primaria do Concello de Cambre.

A actriz Vanessa Rivas protagoniza unha peza teatral onde a partir de lembranzas da infancia vanse analizando diferentes situacións de desigualdade entre homes e mulleres que existen na sociedade actual.

As lembranzas de “Andrea”  farán visibles ás nenas e nenos  as discriminacións que sofren as mulleres dende a súa nenez. E como as vivencias que se teñen nesta etapa vital marcan as relacións entre homes e mulleres en todo o ciclo vital.

A montaxe será representada para as cativas e cativos de 4º e 5º Curso de Educacion Primaria dos Centros de Educación Primaria do Concello de Cambre.

As datas e horarios son os seguintes:

CEIP. Emilio González López (Brexo-Lema): Martes 29. 10:00
CEIP. Wenceslao Fernández Flórez (Cambre): Martes 29. 12:30
CEIP. Torrente Ballester (Sigrás): Mércores 30. 10:00
CEIP. Porto Faro (A Barcala): Mércores 30: 12:15
CEIP. O Graxal (O Graxal): Xoves 31: 12:00

A iniciativa xurde da Concellería de Igualdade e Mocidade do Concello de Cambre, co gallo da Celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo







No hay comentarios:

Publicar un comentario