jueves, 10 de marzo de 2011

Éxito total de participación no Acto Central do Día Internacional da Muller en Cambre, coordinado por DINAMO SL.

Este pasado xoves 10 de Marzo o Concello de Cambre, a través da Concellería de Igualdade e Mocidade, organizou unha serie de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O acto consistiu nunha charla de María Reimóndez, escritora, feminista e activista galega que falou sobre como chegar á igualdade de xénero a través da escrita. A través dun discurso comprometido co feminismo, Reimóndez conseguiu movilizar conciencias, sentimentos e inquedanzas entre o público.
E a intervención da escritora estivo precedida pola representación teatral da compañía ArteDanza que fixo unha versión adaptada dunha das obras de María Reimóndez, en concreto O Club da Calceta. Representación que sorprendeu e ilusionou á propia autora, que expresou a súa enorme gratitude por poder presenciar unha nova interpretación da súa obra.
Pola súa parte a Concelleira Laura Fernández presentou o acto e leu un Manifesto conmemorativo.
Aínda que este foi o acto central da campaña polo 8 de Marzo, só supón o inicio dun programa máis extenso que se complementará con actividades nos centros de Educación Primaria do concello cambrés.
Obradoiros temáticos para acadar unha sensibilización cara a igualdade de xénero entre as máis cativas e cativos.
A equipa de DINAMO coordinou o acto conmemorativo e será a encargada de levar a cabo os obradoiros educativos nos centros de ensino.




No hay comentarios:

Publicar un comentario