martes, 1 de marzo de 2011

DINAMO anima a inauguración do Campo da Leña na Coruña

A equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL dinamizou a inauguración da nova praza do Campo da Leña (Praza de España) da cidade herculina. A cita celebrouse o pasado sábado 26 de Febreiro.
Acompañando as accións máis oficiais e de protocolo DINAMO levou a cabo unha Animación Teatral e unha Macro-Xinkana de Xogos Populares e Tradicionais Galegos.
Por unha banda tres actrices e actores provocaron as gargalladas do público asistente coas súas improvisacións e interaccións coas veciñas e veciños que asistiron ó acto.
E paralelamente as máis cativas e cativos (e as que non o son tanto) participaron nas variadas “estacións” de xogos populares e tradicionais: o xogo da rá, os aros, o ferrón, os zancos, os tres pasmóns, carreiras de sacos,  o pasemisí, a pita cega, o pano, o cazarrabos, …
Desta maneira DINAMO e o Concello da Coruña traballan na idea de recuperar os usos sociais das rúas, das prazas, … É dicir fomentar o uso colectivo e lúdico dos espazos públicos.
Ademais DINAMO leva a cabo este tipo de actividades en outros moitos concellos da xeografía galega. Accións das que iremos informando neste blogue.
Para máis información podedes chamar ó 981.902.772, escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com ou entrar na nosa páxina web www.dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario