Dende o pasado mes de Novembro do 2010 a equipa de igualdade de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais está impartindo os obradoiros do Programa de Prevención da Violencia contra as Mulleres nos diferentes centros de ensino do Concello de Arteixo.
Os obradoiros que xurden por iniciativa do Centro de Información ás Mulleres van dirixidos ás nenas e nenos do 6º Curso de Educación Primaria e ás mozas e mozos de 1º e2º Curso da ESO do concello arteixán.
O programa nace coa finalidade de educar e formar críticamente ó alumnado para medrar, desenvolverse e relacionarse plenamente sen prexuizos e estereotipos sexistas.
En 6º de Ed. Primaria traballamos contidos relacionados coa igualdade entre homes e mulleres
En 1º da ESO os contidos versan sobre a corresponsabilidade doméstica e familiar
E en 2º da ESO abordamos dun xeito máis profundo a prevención da violencia de xénero
Os centros participantes son;
- CEIP. San Xosé Obreiro (Meicende)
- CEIP. Galán (Oseiro)
- CEIP. Ponte dos Brozos (Arteixo)
- CEIP. Novo de Arteixo (Arteixo)
- IES Manuel Murguía (Arteixo)
- IES Pastoriza (Pastoriza)
- Centro Agarimo (A Baiuca)
No hay comentarios:
Publicar un comentario