Mostrando entradas con la etiqueta xogos da feira modernista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos da feira modernista. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de noviembre de 2018

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada

Como en anteriores edicións a Caravana dos Xogos Populares voltou a estar presente an Feira Modenista de Sada, unha cita que cada ano acumula máis e máis visitantes.

A equipa de DINAMO instalou no espazo central da feira mais de trinta xogos tradicionais que fixeron as delicias de pequenas/os e maiores.

A "Caravana de Xogos Populares" é unha magnífica iniciativa para desenvolver en feiras e festas de carácter histórico, medievais, 1900...



domingo, 30 de julio de 2017

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada

O pasado venres 28 de xullo a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada para que cativas/os e maiores poideran divertirse cos máis de trinta xogos que se instalan.

Na explanada marítima de Sada instalamos máis de 30 xogos tradicionais como son: a rá, o sapo, os aros, a ferradura, os zancos, o metediscos, o tiralatas, o pescapeixes, o pescabotellas, os bolos, a tartaruga, os sacos, o recolle-recolle, o tres en raia, as torres de madeira, os crebacabezas, o matraquiño...

Ó tratarse de xogos tradicionais encaixan perfectamente en todo tipo de festas históricas, como foi neste caso a Feira Modernista de Sada.

Se queres consultar a nosa Proposta "A Caravana dos Xogos Populares" só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com