Mostrando entradas con la etiqueta cidade da cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cidade da cultura. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de mayo de 2021

DINAMO organizou a Xincana do Camiño na Cidade da Cultura

Os pasados 24 e 25 de abril a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou a Xincana do Camiño, unha proposta didáctica e lúdica para familias.

Instaláronse diferentes módulos didácticos con xogos populares e tradicionais galegos nos que as familias en pequenos grupos de convivintes tiveron que superar diferentes probas vencelladas con diferentes xogos populares.

Cada módulo simulaba unha etapa do camiño xacobeo da Vía da Prata en Galicia, co obxectivo de dar a coñecer esta vía xacobea.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de xincanas didácticas e lúdicas para todo tipo de equimanentos culturais, museos, centros educativos...





lunes, 31 de agosto de 2015

DINAMO participou na Cidade Imaxinaria na Cidade da Cultura

O pasado 22 de agosto a equipa profesional de DINAMO participou na Cidade Imaxinaria que se celebra na Cidade da Cultura organizando unha macroxincana de xogos populares, da man de Culturactiva SCG.

Dende as 11 da mañá ata as 9 de noite unha equipa de 17 monitoras/es dinamizou unha xincana con 14 estacións e 24 xogos ou probas, todas elas vencelladas co Camiño de Santiago.

Máis de 10.000 persoas pasaron polas instalacións do Museo de Galicia no Monte Gaiás para disfrutar con todos os xogos, pois tanto participaron as cativas e cativos como as e os adultos.

Ademáis o carácter de xincana no Camiño de Santiago imprimiulle unha motivación extra, pois as e os participantes no inicio recibian unha credencial que debían ir cuñando nas diferentes probas ou etapas do camiño, para conseguir finalmente unha Compostela personalizada. 

Esta macroexperiencia amosa unha vez máis o potencial que teñen os xogos populares e tradicionais. Dende DINAMO levamos a nosa "caravana dos xogos" a calquera concello, centro educativo, festa, entidade... Se queres recibir máis info podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com








martes, 27 de agosto de 2013

DINAMO fixo un pasarúas para dar a coñecer a "Cidade Imaxinaria"·

O pasado venres 23, unha pequena troupe realizou un pasarúas circense polas rúas máis céntricas da Coruña para dar a coñecer o festival "Cidade Imaxinaria" que se celebraría ó día seguinte na Cidade da Cultura. 

Dous zancudos e dous paiasos amenizaron o paseo de moitas e moito viandantes, que a pesares da choiva ocupaban as rúas herculinas, nun dos últimos días das Festas de María Pita.

Ao mesmo tempo fóronse repartindo folletos con todo o programa de actividades e animando ás familias a asisitir ó festival.

As animacións teatrais son un excelente mecanismo de difusión na rúa, pois chama moito a atención e permite ofrecer publicidade dunha maneira amable.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de animacións na rúa, para todo tipo de clientes. Se queres recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com