martes, 6 de agosto de 2013

DINAMO organizou unha Xincana Acuática en Boimorto

O pasado domingo 4 de agosto, unhas cuarenta rapazas e rapaces participaron nunha xincana acuática, dinamizada pola equipa profesional de DINAMO, na piscina municipal de Boimorto.

A xincana enmarcábase dentro dun extenso programa de actividades para as máis cativas e cativos. Pero durante unha hora, as e os participantes molláronse con divertidas probas que tiveron que superar en pequenos grupos.

As probas e a xincana non só foi moi entretida para as nenas e nenos, senón tamén para o "público" espontáneo que se foi formando, composto por nais, pais, e outros familiares que se entretiñan a gargalladas contemplando as diferentes probas.

DINAMO leva a cabo todo tipo de actividades lúdicas e educativas para as cativas e cativos, tanto de pequena como de gran escala. Se queres solicitar información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario