En sesións de 90 minutos e cunha sesión semanal as mozas e mozos aprenderon diferentes técnicas e habilidades sociais, co obxectivo de acadar a autorresponsabilidade persoal e social na área das relacións persoais, relacións de parella, afectividade, sexualidade... facilitando deste xeito o desenvolvemento integral da persoa.
A través de xogos dinámicas moi entretidas foron abordando temas e profundizando en aspectos que para elas e eles, moitas veces, son tabú, temas prohibidos, vergoñentos... pero que son esenciais para un correcto desenvolvemento das mozas e mozos.
O nome de "obradoiro de ligue" evidentemente é un gancho para a poboación xove, pois o que realmente se traballa son as habilidades sociais, a afectividade, a sexualidade...
Esta é unha das moitas actividades que DINAMO ofrece para a xente moza. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Xuventude podes solicitala no 647.488.688 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario