Nos pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO impartiu a un grupo de 25 voluntarias e voluntarios do Concello de Padrón un Curso de Especialización en Globoflexia, que tivo unha duración de 16 horas.
No citado curso ás alumnas e alumnos aprenderon as técnicas básicas da globoflexia para logo crear as figuras máis complexas e espectáculares que se poden crear con globos. Non só asimilaron as técnicas e as figuras, senón que adquiriron destrezas para o traballo en público realizando figuras con globos a gran velocidade e vistosidade.
No último día de clase saíron ás rúas de Padrón para amosar as súas aprendizaxes e facer así as delicias de cativas/os e non tan cativos.
O curso foi promovido polo Concello de Padrón, e impartido pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario