jueves, 21 de noviembre de 2013

DINAMO organizou unha Xornada de Educación Sexual e Afectiva para mozas/os

O pasado 9 de novembro, a equipa educativa de DINAMO dinamizou unha Xornada de Educación Sexual para o Grupo Scout ASDE Scouts Galicia no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña).

Durante seis horas de actividade as mozas e mozos traballaron sobre o que é para elas e eles a sexualidade, as prácticas de risco, as enfermidades de transmisión sexual, os métodos anticonceptivos, os dereitos sexuais e persoais ... e sobre todo, as súas dúbidas e preguntas nesta materia.

Todos os contidos foron tratados a partir de dinámicas e exercicios lúdicos, a través de actividades divertidas que fixeron ameno e levadeiro o traballo sobre os contidos.

A equipa profesional de DINAMO ten ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de actividades coa mocidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario