O pasado domingo 12 e o xoves 16 de Agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dúas sesións de Xogos Populares no concello lucense de Ourol e no coruñés de Cambre.
Nunha e outra localización as veciñas e veciños participaron de múltiples xogos tradicionais, como a rá, a ferradura, o pescabotellas, os zancos, o cravapuntas, o futbolín tradicional, a torre de madeira, os aros, as carreiras de sacos, a corda, a comba, o lanzamento de alpaca ...
Estes xogos e entretementos teñen unha longa tradición e sempre funcionan entre pequenas/os e non tan pequenas/os.
Ambas tardes de actividades foron enmarcadas dentro da programación das festas locais.
Dende DINAMO organizamos actividades vencelladas co xogo tradicional, empregando materiais específicos e monitoras/es especializadas/os.
No hay comentarios:
Publicar un comentario