O pasado venres 7 de outubro a equipa educativa de DINAMO
levou a cabo unha das actividades das “Xornadas Castrexas” organizadas polo
Concello de Cambre. Concretamente foi a Visita ó Castro de Elviña (A Coruña)
para nenas e nenos.
Durante dúas horas ás cativas e cativos cambreses
descubriron un xacemento arqueolóxico de gran importancia como é o Castro de
Elviña. A actividade desplazouse ata este lugar para que as pequenas e pequenos
comprenderán dunha maneira visual o que era un castro.
A visita foi desenvolvida a partir de xogos, probas e
xincanas, sempre guiados pola equipa educativa, o persoal do propio xacemento e
incluso o persoal técnico municipal do Concello de Cambre.
Despois desta actividade, o sábado e o domingo continuaron
as xornadas, pero xa para público adulto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario