A equipa educativa de DINAMO está a organizar actividades de
envellecemento activo no Concello de Santa Comba, todos os martes e venres ata
final de ano.
Trátase de actividades lúdicas, formativas, saudables,
ocupacionais … dende obradoiros manuais ata propostas físicas, pasando por
actividades psicomotrices …
E no Concello de Pontedeume tamén DINAMO está
levando a cabo actividades para as persoas maiores. Nas poucas semanas deste
programa xa se fixeron obradoiros de risoterapia, globoflexia, maquillaxe de
efectos …
O envellecemento é un fenómeno que afecta a todas
as persoas dunha sociedade, polo que dende as entidades municipais débese
abordar como unha necesidade primordial das súas veciñas e veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario