Serán Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz os que
representen a DINAMO no Programa de Animación á Lectura “A Hora do Conto” no
sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.
Este programa leva a cabo sesións de contacontos en todas as
bibliotecas do concello para nenas e nenos menores de 10 anos.
Nestas sesións participan grandes narradoras/es orais de
Galicia e entre elas/os Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz.
Algunhas das vindeiras datas son as seguintes:
Venres 21 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Nós (Caxoto Contacontos)
Mércores 26 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Caxoto Contacontos)
Xoves 27 de Outubro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Pedro Brandariz)
Mércores 2 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Pedro Brandariz)
Venres 10 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Mera (Caxoto Contacontos)
Martes 15 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Oleiros (Caxoto Contacontos)
Martes 22 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Montrove (Caxoto Contacontos)
Xoves 24 de Novembro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Caxoto Contacontos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario