O pasado
sábado 1 de outubro a compañía DINAMOteatro dinamizou a Xornada de Actividades
do Voluntariado do Concello de Culleredo.
Dende ás
17:00 ata as 20:00 uns superhéroes moi particulares, o “Comando D” interactuou
con todas as e os participantes nas actividades así como as e os viandantes e
paseantes que había na Praza da Igrexa de Vilaboa.
E despois da
animación teatral os nosos superhéroes e superheroínas organizaron e levaron a
cabo unha “xincana solidaria” na que pequenas/os e maiores participaron para
descubrir as enormes posibilidades do voluntariado.
Esta foi
unha das moitas actividades nas que participa o “Comando D” de DINAMOteatro. Se
queres máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo
electrónico a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario