Con motivo da celebración do Día Internacional das Árbores o pasado 21 de marzo, a compañía escénica DINAMOteatro presentou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" no Concello de Culleredo, por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, dentro do seu programa de actividades.
"O Poder das Árbores" é un espectáculo de temática ambiental, que anima ás nenas e nenos, dunha maneira lúdica e divertida, a coidar das árbores, dos bosques e da natureza en xeral.
A peza, dirixida a público familiar, está protagonizada por Leticia Miranda e Pedro Brandariz
A intención da compañía é levar as historias do "Carballo Raimundo" (personaxe central) por todos os colexios e teatros posibles, espallando unha mensaxe de respecto cara o medio ambiente.
Para máis información e contratación podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario