Do 8 ó 12 de Marzo de 2016 no Mercado de San Agustín levouse a cabo a Campaña de Sensibilización en Igualdade "A-ténde-T", organizada polo Concello da Coruña e xestionada e executada pola equipa profesional de DINAMO.
A campaña consistiu na instalación dun gran tendal onde as mulleres poideran exponer as súas necesidades, anhelos e expectativas de cambio.
Dúas educadoras puxeron á súa disposición "prendas de roupa" simuladas en goma-eva para que se tomasen o seu tempo e escribisen sobre elas as súas demandas e peticións e quedaran, posteriormente, "colgadas" e expostas nos tendais.
A pretensión fundamental foi a de ofrecerlles ás mulleres un espazo de relax e reflexión (creado incluso físicamente) para que tiveran un tempo para elas, fora de obrigas laboráis, familiares, domésticas ou do tipo que fosen. E que nese tempo expresaran que cousas deixaron de facer ou de vivir por toda esa carga de obrigas que depositamos nas mulleres.
A actividade desenvolveuse polas mañás e o sábado rematou cun obradoiro para cativas e cativos.
Esa actividade está enmarcada no amplio e extenso programa de actividades que a Concellaría de Igualdade e Diversidade levou a cabo para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, na cidade da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario