A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto", con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO.
O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.
O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.
A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...
No hay comentarios:
Publicar un comentario