Mostrando entradas con la etiqueta artes escénicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artes escénicas. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de febrero de 2015

DINAMO organizou unha Xornada de Formación Teatral en Antas de Ulla

O pasado 8 de Febreiro un bó grupo de nenas e nenos de Antas de Ulla e Melide conviviron durante unha xornada realizando un obradoiro formativo en artes escénicas, concretamente na animación teatral e na improvisación.

Durante todo o día participaron nos obradoiros formativos, para finalmente amosar o traballado nunha mostra aberta para nais e pais. 

Antas de Ulla é un dos concellos que máis coida o teatro dende a máis tenra infancia con multitude de actividades e iniciativas.

Por outra banda as actividades de animación teatral son unha das especialidades da equipa profesional de DINAMO.



lunes, 28 de abril de 2014

Xira de Radio Torreiro, de DINAMOteatro

O espectáculo Radio Torreiro, creado pola compañía DINAMOteatro presenta xira nesta primavera de 2014.

Trátase dun espectáculo cómico, protagonizado por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. Un espectáculo sobre as festas, celebracións populares, e outros eventos que marcan a cultura e a forma de ser das galegas e galegos.

As vindeiras datas de representación serán:

Sábado 3 de Maio. 22:00. En La Tuerka 27. A Coruña

Sábado 24 de Maio. Teatro da Beneficencia. Ortigueira.

Venres 22 de Agosto. Miño.

O Espectáculo

“Radio Torreiro” é unha emisora radiofónica, e en cada función teatral faise unha emisión en directo co público como protagonista, e único receptor.

Esta emisora tan particular é temática: encárgase de recoller toda a información vencellada coas festas, verbenas, romarías e demáis celebracións populares que poboan Galicia durante todo o ano.

Os actores irán debullando os diferentes programas da grella onde se irán recollendo as escenas máis cómicas das festas: os bailes da sesión vermouth, as encherolas das festas, as repichocas das verbenas, as incómodas situacións á hora de pedir para a festa… Todo dende un punto de vista humorístico e mordaz que provocará as gargalladas do público.

A compañía

Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz conforman a compañía escénica DINAMOteatro, dende o ano 2006. Especializados en espectáculos cómicos DINAMOteatro utiliza un humor baseado nas técnicas do clown, da narración oral e sobre todo na improvisación e interacción co público.

Cos seus espectáculos teñen percorrido boa parte da xeografía galega levando as gargalladas alí onde chegan.